luns, 4 de marzo de 2024

INFORME METEOROLÓXICO FEBREIRO




Este mes de febreiro de 29 días debería permitir, en principio, unha comparación máis completa entre ambas estacións, ao coincidir os períodos de observación, pero producíronse algunhas desconexións puntuais durante as noites que puideron afectar puntualmente ao rexistro das temperaturas mínimas e da precipitación. Tendo en conta isto os datos foron os seguintes:

ESTACIÓN MANUAL:

  • Temperatura mínima: 5,5 ºC
  • Temperatura máxima:24,1 ºC
  • Precipitación acumulada: 217 mm
ESTACIÓN AUTOMÁTICA
  • Temperatura mínima: 5,9 ºC
  • Temperatura máxima: 22,8 ºC
  • Precipitación acumulada: 230 mm

Neste mes observamos diferenzas relativamente pouco importantes nos datos rexistrados entre ambas estacións, se ben non se pode descartar que sexan debidas en parte aos problemas técnicos que se deron na estación automática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO 2025

  O dato máis salientable deste mes foron as elavadas temperaturas, máis propias do verán que do final da primavera. Varios días por riba do...