martes, 24 de setembro de 2024

NOVO CURSO, NOVAS OPORTUNIDADES


Despois de varios anos, o curso pasado retomamos o contacto co Programa Meteoescolas, o que nos levou a probar as múltiples posibilidades que ofrece a meteoroloxía como disciplina transversal, o que a converte nun punto de encontro idóneo entre os distintos departamentos didácticos e niveis educativos. Non sempre é doado convencer ao profesorado para que se unan a este tipo de programas, non tanto pola carga de traballo que isto poida supoñer ou polo esforzo de asociar os contidos curriculares co campo da meteoroloxía, senón pola múltiple oferta de programas educativos, moitos deles incluídos dentro do Plan Proxecta, o que leva a que en moitas ocasións a participación non traia consigo unha compensación en horas de formación do profesorado, xa que a participación en distinto proxectos non é acumulativa, o que elimina este incentivo para colaborar. 

En todo caso, é a nosa pretensión dar continuidade ao programa Meteoescolas no noso centro ao longo do presente curso explorando nas súas posibilidades e dando continuidade a outras que resultaron moi produtivas no pasado.

Comecemos... 

mércores, 18 de setembro de 2024

REXISTRO E PUBLICACIÓN DE DATOS METEOROLÓXICOS


Para o presente tomouse a decisión de facer público os datos obtidos pola estación automática polos seguintes motivos:

  • Proporciona un histórico de datos continuo e almacenable de forma automática.
  • Presenta menos flutuacións e desviacións en relación aos datos recollidos das estacións meteorolóxicas próximas da rede de MeteoGalicia.
  • Acceso en tempo real aos datos.

De todos os xeitos, a estación analóxica proporciona unhas posibilidades operativas máís prácticas no plano didáctico para a comprensión do significado das distintas variables. Por este motivo, o alumnado, de forma rotatoria e baixo a supervisión do profesorado participante, seguirán a ser recollidos diariamente  os datos (nos días lectivos) e gardalos na ficha mensual.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO 2025

  O dato máis salientable deste mes foron as elavadas temperaturas, máis propias do verán que do final da primavera. Varios días por riba do...