Etapa educativa:
3º da ESO
Área: Lingua Castelá e Literatura
Duración: 2 sesións de 50 minutos
1. Xustificación
Desde hai séculos, os seres humanos proxectaron o seu mundo
emocional na natureza. O vento forte representa a rabia; a chuvia, a
melancolía; a primavera, o renacer. Esta proxección —ver no clima un espello da
alma— é unha constante na poesía universal. Esta unidade pretende que o
alumnado comprenda este vínculo simbólico e experimente a escritura creativa
como ferramenta de expresión emocional, unindo o mundo natural co seu interior.
2. Competencias clave traballadas
- CCL:
Competencia en comunicación lingüística
- CSC:
Conciencia e expresión culturais
- CPAA:
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- CE:
Conciencia e expresión emocional
3. Obxectivos didácticos
- Comprender
o uso simbólico do clima na tradición poética.
- Identificar
tópicos literarios relacionados coa natureza e o estado de ánimo.
- Ler
e analizar textos poéticos desde unha perspectiva emocional e simbólica.
- Crear
un poema no que se relacione o estado emocional propio coa natureza.
- Fomentar
a expresión emocional a través da linguaxe poética.
4. Contidos
- Recursos
expresivos: metáforas, personificación, campos semánticos.
- Tópicos
literarios: locus amoenus, tempus fugit, beatus ille,
natura naturans, etc.
- Lectura
comprensiva e análise de poemas breves.
- Creación
poética a partir de estímulos sensoriais e emocionais.
- Referencias
poéticas e cinematográficas onde o clima actúe como símbolo emocional.
5. Temporalización e desenvolvemento
Sesión 1: A chuvia nos ollos
Obxectivos específicos:
- Introducir
a simboloxía do clima na poesía.
- Ler
e analizar poemas representativos.
- Identificar
tópicos e recursos estilísticos.
Actividades:
- Activación
de coñecementos previos (10 min)
Pregunta inicial: “Que tipo de clima representa mellor como te sintes
hoxe? Por que?”. Pequeno coloquio.
Preséntase a idea do clima como espello emocional na historia da poesía.
- Lectura
guiada e análise breve de fragmentos poéticos (25 min)
Poemas traballados:
- Garcilaso
de la Vega: En tanto que de rosa y azucena…
- Gustavo
Adolfo Bécquer: Rima LIII (“Volverán las oscuras golondrinas…”)
- Federico
García Lorca: Romance sonámbulo
- Visionado
e comentario de escenas breves (10 min)
- The
Tree of Life (Terrence Malick)
- Cumbres
borrascosas (Emily Brontë – adaptación)
- A
lingua das bolboretas (José Luis Cuerda)
- Peche
e reflexión rápida (5 min)
Diario: “Con que clima escribirías hoxe un poema sobre ti?”
Sesión 2: O meu clima interior. Obradoiro de poesía.
Obxectivos específicos:
- Escribir
un poema no que se proxecte unha emoción nun elemento natural.
- Empregar
recursos poéticos e simbólicos.
- Compartir
a creación cos compañeiros e compañeiras nun ambiente respectuoso.
Actividades:
- Inspiración
visual e sensorial (10 min)Proxección de imaxes (chuvia, tormenta, bosque con néboa…). Cada alumno
escolle unha e describe como representa o seu estado de ánimo.
- Escritura
poética guiada (25 min)
Instrucións:
- Comezar
cunha emoción.
- Empregar
un elemento do clima como símbolo.
- Incluir
polo menos unha metáfora ou comparación.
- Verso
libre ou con rima.
- Mínimo
6 versos.
- Lectura
voluntaria e comentario positivo (10 min)
Valóranse as imaxes poéticas e a expresión emocional.
- Peche:
escolla do título da antoloxía de aula (5 min)
Lluvia de ideas e votación para título do mural/antoloxía colectiva.
6. Avaliación
Criterios:
- Comprende
a simboloxía do clima na poesía.
- Emprega
recursos poéticos de forma consciente.
- Expresa
emocións de xeito creativo.
- Participa
nas actividades con interese.
Instrumentos:
- Rúbrica
de avaliación do poema.
- Observación
directa e participación.
7. Ligazón co entorno galego
- Uso
do clima galego como símbolo: néboa, chuvia miúda, orballo.
- Observación
da contorna natural como inspiración.
RÚBRICA DE AVALIACIÓN: “O MEU CLIMA INTERIOR”
Nome do alumno/a: ____________________
Data: ____________________
|
Criterios
|
Excelente (10)
|
Ben (7-9)
|
Suficiente (5-6)
|
Mellorable (<5)
|
|
Relación emoción-natureza
|
A conexión é fonda, orixinal e moi suxestiva.
|
A relación está clara e coherente.
|
Existe relación, aínda que superficial.
|
Apenas hai conexión entre emoción e clima.
|
|
Uso de recursos literarios
|
Emprega varios recursos con creatividade.
|
Emprega algúns correctamente.
|
Emprega poucos ou moi básicos.
|
Non se aprecia uso consciente.
|
|
Coherencia e cohesión
|
O poema ten unidade, sentido e ritmo.
|
Coherente, con pequenas interrupcións.
|
Algo desordenado ou pouco claro.
|
Carece de fío condutor claro.
|
|
Orixinalidade e voz propia
|
Destaca pola sensibilidade e estilo.
|
Hai intención persoal clara.
|
Correcto, pero impersoal.
|
Sen implicación ou imitación evidente.
|
|
Presentación e coidado
|
Limpio, sen faltas, ben presentado.
|
Claro, con algunha falta leve.
|
Faltas graves ou presentación mellorable.
|
Descuidado ou incompleto.
|