domingo, 18 de febreiro de 2024

A PEGADA DA METEOROLOXÍA NA TRADICIÓN ORAL


O tempo é probablemente un dos temas máis recorrentes das conversas informais, do que tiramos frecuentemente para abortar silencios incómodos, como os que as veces se producen nos encontros que parecen eternos no interior dun ascensor. Pero máis alá disto, a meteoroloxía é un dos factores máis condicionantes para os seres humanos, e por extensión para todos os seres vivos. De feito, para o ser humano a meteoroloxía e a sucesión das estacións marcaba o calendario da humanidade, tanto da que se dedicaba a caza como cando se volve sedentario, agricultor e gandeiro.

Por todo isto, na transmisión do coñecemento adquirido xeración tras xeración mirando ao ceo a transmisión oral tiña unha importancia fundamental, que chegou ata os nosos días en forma de refráns, que podemos interpretar como pequenas pílulas de coñecemento que se propagan a modo de nemotecnias que nos recordan a influenza destes fenómenos na nosa existencia.

Desde a materia de Lingua Galega pretendemos desde este programa recoller algúns destes refráns coa axuda do noso alumnado e das súas familias. Logo fixemos unha selección dos máis representativos dentro de cada grupo, e pasamos do oral á escrita en cartolinas de cores e creamos murais no interior das aulas, como se poden ver nas imaxes. 

Nun seguinte paso pretendemos rastrear a presenza do tempo na literatura, principalmente na poesía, pero sen descartar a narrativa. Pero iso será noutro momento...


  

luns, 5 de febreiro de 2024

INFORME METEOROLÓXICO XANEIRO 2024

 




Ao igual que o mes anterior, xaneiro ten un baixo número de días lectivos, polo que os días de recollida de datos son menores. Ademais, na estación manual non é posible diferenciar entre os datos de temperaturas e precipitación correspondentes ao período vacacional de nadal se se tratan do mes de xaneiro ou de febreiro. En todo caso aquí se publican tal como foron rexistrados na fichas de recollida de datos.

ESTACIÓN MANUAL

  • Temperatura mínima: 0,6 ºC
  • Temperatura máxima: 20,9 ºC
  • Precipitación acumulada*: 185 mm
* Parte da precipitación recollida corresponde ao período de vacacións de nadal de decembro.

ESTACIÓN AUTOMÁTICA
  • Temperatura mínima: 0,2 ºC
  • Temperatura máxima: 19,7 ºC
  • Precipitación acumulada: 190 mm
Advírtese unha aparente disparidade nos datos de precipitación acumulada entre ambas estacións, xa que o dato da estación manual correspóndese a un período máis longo, ao incluír tamén o terzo final do mes de decembro, sendo aínda así máis baixo que o dato da estación automática, que se corresponde unicamente o mes de xaneiro. Este feito xa o viñamos observando anteriormente, e ata o de agora non podemos dicir se é un problema de calibración é debido a diferente localización entre ambas, se ben a distancia que as separa non é de máis de 100m, se ben non podemos descartar que a proximidade da estación manual a diferentes edificación poida reducir a precipitación recollida.

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO 2025

  O dato máis salientable deste mes foron as elavadas temperaturas, máis propias do verán que do final da primavera. Varios días por riba do...