domingo, 18 de febreiro de 2024

A PEGADA DA METEOROLOXÍA NA TRADICIÓN ORAL


O tempo é probablemente un dos temas máis recorrentes das conversas informais, do que tiramos frecuentemente para abortar silencios incómodos, como os que as veces se producen nos encontros que parecen eternos no interior dun ascensor. Pero máis alá disto, a meteoroloxía é un dos factores máis condicionantes para os seres humanos, e por extensión para todos os seres vivos. De feito, para o ser humano a meteoroloxía e a sucesión das estacións marcaba o calendario da humanidade, tanto da que se dedicaba a caza como cando se volve sedentario, agricultor e gandeiro.

Por todo isto, na transmisión do coñecemento adquirido xeración tras xeración mirando ao ceo a transmisión oral tiña unha importancia fundamental, que chegou ata os nosos días en forma de refráns, que podemos interpretar como pequenas pílulas de coñecemento que se propagan a modo de nemotecnias que nos recordan a influenza destes fenómenos na nosa existencia.

Desde a materia de Lingua Galega pretendemos desde este programa recoller algúns destes refráns coa axuda do noso alumnado e das súas familias. Logo fixemos unha selección dos máis representativos dentro de cada grupo, e pasamos do oral á escrita en cartolinas de cores e creamos murais no interior das aulas, como se poden ver nas imaxes. 

Nun seguinte paso pretendemos rastrear a presenza do tempo na literatura, principalmente na poesía, pero sen descartar a narrativa. Pero iso será noutro momento...


  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MANUAL Vs AUTOMÁTICA: CONCLUSIÓNS

Non era una obxectivo do noso proxecto facer unha análise climatolóxica a partir dos datos recollidos, nin tan sequera facer un informe mete...