venres, 5 de abril de 2024

INFORME METEOROLÓXICO MARZO 2024




Novamente, a coincidencia na última semana do mes co período non lectivo de semana santa estraga o establecemento dunha comparativa a escala mensual, máis neste caso, xa que nestes días tiveron lugar as máximas de temperatura xunto con acumulacións de chuvia importantes, que non puideron quedar rexistradas nas fichas da estación manual, que só inclúen os datos ata o día 22, no que deron comezo as vacacións.

En todo caso estes son os datos rexistrados:

ESTACIÓN MANUAL:

  • Temperatura mínima: 4,4 ºC
  • Temperatura máxima: 22,5 ºC
  • Precipitación acumulada: 133 mm
ESTACIÓN DIXITAL
  • Temperatura mínima: 4,0 ºC
  • Temperatura máxima: 27,8 ºC
  • Precipitación acumulada: 268 mm
A disparidade nos días rexistrados impide facer unha comparación entre ambos rexistros a escala mensual, máis cando, como se pode ver nas gráficas da estación automática, as temperaturas máximas tiveron lugar na primeira metade da semana santa, mentres que na segunda metade de esa mesma semana houbo importantes precipitacións, que non caso da estación manual foron rexistradas na ficha do mes seguinte, e podemos adiantar que a cantidade de chuvia recollido no pluviómetro o día 2 de abril ás 10:23 foi de 90 mm, co que seguiría existindo unha diferenza significativa entre ambas estacións.
Neste mesmo sentido tamén comentar que a estación manual recolleu nese período vacacional unha máxima de 29, 4 ºC, arredor de 1,5 ºC rexistrados pola estación automática.

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO 2025

  O dato máis salientable deste mes foron as elavadas temperaturas, máis propias do verán que do final da primavera. Varios días por riba do...