O mes de maio presentouse chuvioso, especialmente os dous primeiros terzos, e con temperaturas non moi altas, agás algúns días que superaron os 25 ºC. Novamente temos dous meses nas que os datos de ambas estacións son comparables, aparecendo novamente diferenzas significativas nas temperaturas máximas e sobre todo na pluviometría, como se aprecia nos seguintes datos.
ESTACIÓN MANUAL
- Temperatura mínima. 6,6 ºC
- Temperatura máxima: 20,0 ºC
- Precipitación acumulada: 126 mm
ESTACIÓN AUTOMÁTICA
- Temperatura mínima: 6.9 ºC
- Temperatura máxima: 27,1 ºC
- Precipitación acumulada: 156 mm
As diferenzas nas temperaturas máximas poden ser entendibles atendendo a situación das estacións, pero as diferenzas nos rexistros da chuvia recollida son pouco entendibles e dificultan atopar unha explicación convincente. Nas conclusións finais, resultado dunha posta en común co alumnado, trataremos de achegarnos a unha razón que agora descoñecemos, ou a implementación de algún elemento de diagnóstico ou corrección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario