venres, 3 de maio de 2024

INFORME METEOROLÓXICO ABRIL 2024

 





Co obxecto de propiciar unhas mellores condicións de comparación entre os datos de ambas estacións, no caso da estación manual exclúense os datos de temperatura máxima e corríxense os de precipitación rexistrados o día 2 de abril, xa que no primeiro caso da temperatura, corresponde ao mes anterior, e no da precipitación faise unha estimación para o día 1 de abril duns 10 mm, en función dos datos proporcionados pola estación automática.

Resulta chamativo o longo período seco que caracterizou este mes na súa parte central, concentrándose as precipitacións ao principio e ao final do mes, tal como se pode ver nas gráficas.

ESTACIÓN MANUAL

  • Temperatura mínima: 4,7 ºC
  • Temperatura máxima: 29,2
  • Precipitación acumulada: 88 mm (dato estimado tras corrección)
ESTACIÓN AUTOMÁTICA
  • Temperatura mínima: 3,9 ºC
  • Temperatura máxima: 26,4 ºC
  • Precipitación acumulada: 86 mm
Neste mes, os datos de pluviometría son case coincidentes, se ben hai que ter en conta que o procedente da estación manual foi corrixido mediante unha estimación parra non incluír a chuvia recollida durante as vacacións de semana santa previa. Neste sentido, tamén esta simetría podería deberse a que as precipitacións producíronse en días con pouco vento, tal como se pode ver nas gráficas, polo que podería ser que este fenómeno estea detrás das diferenzas entre ambos rexistros noutros meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO 2025

  O dato máis salientable deste mes foron as elavadas temperaturas, máis propias do verán que do final da primavera. Varios días por riba do...