Despois duns anos de pausa, retomamos a nosa relación co proxecto Meteoescolas, incluído dentro Plan Proxecta, dirixido desde MeteoGalicia. Durante o presente curso trataremos de achegar ao noso alumnado de 1º ESO desde diferentes disciplinas e sen perder a referencia do desenvolvemento dos diferentes currículos das materias implicadas.
Así arrancamos profesores e profesoras procedentes dos departamentos de Matemáticas, Lingua Galega, Lingua, Castelá, Xeografía e Historia e baixo a coordinación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía compartindo este esforzo por explorar os vencellos entre estas materias e a meteoroloxía.
Comezamos logo, MIRANDO O TEMPO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario